domingo, 11 de diciembre de 2016

Conclusións curso: Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación

Tras estes meses realizando as tarefas do curso, sinalarei que a miña impresión global é moi satisfactoria. Comezarei falando das tarefas en sí. Algunhas semanas tiven que adicarlle un tempo diario tanto a realizar coma a ler e reler a información teórica de cada tema. Mentres que noutras semanas, un ou dous días foi suficiente. Supoño que neste aspecto influíu os coñecementos previos que tiña nun tema ou outro.
En canto a información teórica proporcionada, parceume excelente. Tanto en contido coma en continente. Estaba perfectamente resumida a exposta para que non resultase tediosa nin difícil de comprender, acompañada sempre de imaxes e exemplos prácticos.
Gustoume moito a relación entre titores e alumnos. Que sempre estiveron ahí para resolver calquer duda que poidera xurdir. As notas de humor e as facilidades dadas para sacar o curso adiante.
Tamén é de salientar a colaboración entre compañeiros. Xa fose ou non por sacar adiante a tarefa 10, axuda saber que tes un respaldo onde apoiarte cando se che complica e veste atrapada "nunha tarefa sen saída".
En relación aos contidos, decir que parecéronme moi apropiados e gustáronme. Xa coñecía e tiña conta en Twitter e Pinterest. Pinterest é moi utilizado por min, xa sexa no ámbito profesional coma personal. Twitter non o utilizaba tanto, pero tras a realización da tarefa comecei a sacarlle máis partido e a ter máis seguidores.
Tiña o meu blog de aula en blogger (asestrelinhasdoceipalomba), polo que xa estaba familiarizada con esta tarefa. Sen embargo foi unha das que máis costoume.
Diigo, era completamente descoñecido para min. Ao igual que Socialwire, dos que penso que se lles pode sacar moito partido para a práctica profesional, e os que penso continuar utilizando.
Dropbox, aínda que coñecido, era non utilizado. A partir de agora, creo que se convertirá nunha ferramenta de uso diario na miña vida. Tendo en conta a posibilidade de ter calquer documento alí onde estes.
O mesmo ocorre con Google Docs, coñecíao pero non o utilizaba. Moi útil para ter todo organizado na nube, acceder e modificar dende calquer lugar.
Co tema da curación de contidos, xa estaba familiarizada. Xa que algún curso tiven a función de curador, para buscar a información axeitada no mar da web, e proporcionarlla aos meus alumnos e ofrecerlle unha alternativa ou ampliación ao libro de texto.
En resumo, dicir que a realización deste curso, foi unha moi grata experiencia. Me teño reído ao ler certos comentarios nos foros, entretívenme moitísimo e foi algo moi agradable contar sempre con axuda. Aprendín moitas cousas novas, e mellorei as que xa sabía. Espero seguir utilizando todo o aprendido, e poder volver a repetir esta experiencia.

1 comentario: